Principal
Publicaciones sobre Juanjo
Juanjo y su biografía
Músico e pedagogo galego vinculado ás bandas populares, á creación artesanal e á educación diversa. Integrante da Banda Popular de Muimenta e da Banda de Lalín, con colaboracións en certames, concertos, discos e formacións bandísticas e doutros estilos.
Formado en clarinete no Conservatorio de Lalín, con estudos na Escola de Música Moderna Studio e na Universidade de Santiago, adquirindo unha visión da música galega, española e europea.
Retoma instrumentos de vento e acústicos cunha estética sinxela e artesanal, centrada na expresividade popular. Investiga harmonías verticais e melodías horizontais, xogando con elas como un neno grande.
Defensor dos sons populares e analóxicos, das súas impurezas e virtudes, e dunha música feita desde a proximidade, os territorios e a autenticidade. Herdeiro da música bailable bandística, liña que continúa na súa colaboración con Bandiños Band.
Como pedagogo musical e non musical, promove creatividade, metodoloxías activas e pensamento crítico. Defende a música en directo, o contacto real co instrumento e o son analóxico, sen perder a esencia humana da interpretación.
Últimas formaciones de Juanjo
Ver más →La formación actual de Juanjo
Más sobre Juanjo
Juanjo en redes sociales
Juanjo en el ranking
Próximas actuaciones de Juanjo
Publicaciones sobre Juanjo
Sin publicaciones
Aún no aparece en ninguna publicación.